logotype
img1
img2
img3
img4
img5
img6

you are here:

ACTA ASAMBLEA XERAL COMUNIDADE PROPIETARIOS O POMBAL – DENA PDF Imprimir E-mail
Escrito por Asociación de Vecinos Santa Lucia de Dena   
Martes, 10 de Julio de 2012 07:03

 

Sendo as 21,30 h. do día 7 de Xullo de 2012, no Centro Social de Dena, da comenzo a Asamblea Xeral da Comunidade de Propietarios do Cemiterio –O Pombal – Dena, que se desenrrola baixo a orde do día establecido.

Punto 1) Presentación do produto mais axeitado para aplicar na cuber-ta dos panteons, e obras a realizar de acondicionamento, (a cargo do técnico D. José Ramón Vallejo Sueiro).

Tal como se aprobou na anterior Asamblea Xeral, a Xunta Directiva da Comunidade, buscou un técnico que asesore a Directiva e demais Propietarios no referente as obras e produtos necesarios para o acondicionamento da cuberta e zonas comuns do Cemiterio O Pombal – Dena. Interven neste punto o técnico D. José Ramón Vallejo, explicando os asistentes cal é o produto mais axeitado para realizar a impermeabilización da cuberta dos panteons e acondicionamento en xeral do Cemiterio, e a empresa que reali-zará as obras sí e aprobado pola Asamblea.

Despois de intervencions de varios Propietarios propoñendo as suas ideas, como por exemplo dotar de un tellado a mencionada cuberta, foi proposta unha votación a man alzada por parte do Presidente da Xunta Directiva, para decidir cantos Propietarios estaban de acordo en que se faga tellado, esta posibilidade acadou 5 votos dos 95 Propietarios presentes, quedando polo tanto excluida esta posibilidade. Sigue informando o técnico é o Presidente propoñendo a posibilidade de que se faga a obra do xeito que indica o técnico e propoñendo tamen a posibilidade de pintar tódolos muros que están pintados de branco, deste xeito quedaría o Cemiterio renovado para unha longa temporada.

Polo tanto consultando os Propietarios presentes e despois de votar a favor unha amplia maoria ( 85 a favor  ), quedou aprobado realizar as obras siguintes:

Impermeabilizar a cuberta dos panteons co produto que indica o técnico (de cuio produto existe unha mostra aplicada no Cemiterio), a empresa que aplicará o produto será, Aplicaciones Carlos Bouzada.

Obras de restauración necesarias para aplicar o produto.

Limpar tódolos pinches de pedra e rexuntar o que sexa necesario.

repoñer e restaurar todo o que esté estropeado.

Pintar tódolos muros que esten pintados de branco.

Restaurar e pintar a cúpula.

instalación de barandillas de aceiro inox en tódalas escaleiras, ( obra xa realizada ).

 

Punto 2) Importe da derrama que deberá aportar cada un dos propie-tarios para levar a cabo as citadas obras.

Informa o Presidente da Xunta directiva que cada Propietarios deberá facer efectivo a cantidade de 165 €, o mais asiña posible xa que mentras non esté a totalidade do diñeiro ingresado non comenzarán as obras, os Propietarios que non fagan efectivo tal cantidade no tempo prudencial dun mes a partires desta data, serán visitados por unha comisión da Xunta Directiva, i en caso de negarse a cumprir o aprobado nesta Asamblea, serán denunciados ante a autoridade competente.

 

Punto 3) Rogos e preguntas.

Neste punto non oubo intervencions.

 

Punto 4) Entrega de Estatutos da Comunidade a quen non os teña.

Cada un dos Propietarios que non tiña estatutos recolleunos.

 

Non abendo mais temas a tratar remata a Asamblea sendo as 22,45 h. do día e no lugar arriba indicados.

Actua como Secretario de actas D. José Luis Camiña Lage, por non encontrarse presente a secretaria da Xunta Directiva da Comunidade de propietarios.

 

Asinado, D. José Conde García.           Asinado, D. José Luis Camiña Lage.

Presidente da Comunidade                        Secretario da acta.